lunes, 18 de enero de 2010

Redes sociais

Eu opino que as redes sociais teñen cousas positivas e negativas.

Por unha parte están as cousas positivas, o que eu creo que teñen de positivo as redes socias son que poden ser boas para poder coñecer xente nova doutros lugares de Galicia ou de España. Eu opino que si non houbera redes sociais sería bastante comlicado que unha persoa de Boiro poidese comunicarse cunha de Madrid, os medios que habería para manter a comunicación serían ou moi caros, teléfono, ou moi lentos, cartas, asique as redes sociais son unha boa forma de comunicación entre xente de distintos puntos do mundo.

E por oura parte están as cousas negativas, o que creo que teñen de negativas as redes sociais son que a xente pode mentir sobre como é físicamente, os seus gustos, a súa personalidade...
Ainda que nas redes sociais podense subir fotos hai programas que poden retocalas, e así poder mentir de como é esa persoa físicamente.